Introducción (Axuda para navegantes)

Esta wiki nace coa idea de centralizar os recursos dos proxectos que levamos a cabo no CEIP Sanjurjo de Carricarte, a través da Biblioteca Escolar Xanela. É unha wiki con finalidade educativa que pode utilizar o profesorado do centro pero que tamén pretende ser unha xanela aberta ao resto dos centros que a consulten coa idea de compartir o noso traballo diario.
Todos os contidos trabállanse baixo esa finalidade educativa e moitos deles son de creación propia, do profesorado do centro, aínda que poden estar baseados en materiais publicados. Se alguén ten a propiedade intelectual destes contidos e non desexa que se compartan nesta wiki pode poñerse en contacto con nós no enderezo bibliocarricarte@gmail.com e retirarémolo.
A continuación tedes os proxectos relacionados por cursos escolares. Entrando nos diferentes enlaces accederedes ás actividades que se levaron a cabo así como aos recursos que se crearon e/ou utilizaron. Ademais en cada un dos enlaces observaredes que hai un apartado dedicado ao calendario escolar onde se explica cómo se enlazaron os proxectos coas diferentes conmemoracións.
Aqueles recursos que son de carácter xeral non os distribuiremos por cursos para facilitar o seu uso, xa que son susceptibles de utilizalos en calquera data. Quedarán arquivados no Banco de recursos ao que tamén se pode acceder dende o menú de navegación da esquerda.

Curso 2012-13

O Cine

Curso 2011-12
A pintura. Artes plásticas.
Este é o proxecto correspondente a este curso. Cada clase escollerá un aspecto, un pintor, un período... que será o que traballe durante todo o curso a través das conmemoracións establecidas no calendario escolar e as indicacións do equipo de biblioteca, en estreita colaboración co resto dos equipos de traballo. Picando no título accédese aos recursos utilizados e outras informacións.

O Samaín
Información, recursos e actividades relacionadas coa festa do Samaín

Curso 2010-11

A auga

Este é o proxecto principal da biblioteca. Cada clase escolle un aspecto ou subtema que será o que traballe durante todo o curso, a través das conmemoracións establecidas no calendario escolar e as indicacións que propoña o Equipo de Biblioteca, sempre en estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. Picando no título accederás ás actividades e recursos.

Un agasallo diferente

A partir do conto do mesmo título créanse unha serie de actividades relacionadas coa publicidade e o consumo responsable. Este proxecto desenvólvese nas semanas previas ao Nadal. Picando no título accederás ao seu blogue, onde atoparás todas as actividades.
Curso 2009-10

Coñecemos a nosa cidade

Durante este curso estivemos a traballar a nosa cidade. Picando no título accederás á información.